Xustificación e explicación da noticia
Decidimos escoller esta noticia debido ao apoxeo nos medios de comunicación que está tendo esta situación na Costa do Sol, especialmente en Marbella; e pensamos que en Galicia está a suceder o mesmo aínda que dun xeito máis desapercibido. Debería darse a coñecer esta situación xa que é un tema que nos preocupa ao tratarse do noso litoral.
Comparación entre ámbolos dous xornais:
En principio, nos dous xornais se trata a noticia dun xeito moi similar, comezando polo encabezamento: "O ladrillo invade o litoral galego dun xeito similar á Costa do Sol" (delunsavenres); "El ladrillazo puede convertir el litoral en la nueva Costa del Sol" (20 minutos). Aínda así, o xornal "de luns a venres" sitúa esta noticia en portada, dándolle máis importancia que o outro xornal a analizar (20 minutos).
No xornal "20 minutos": Alberto Unsain, director do COAG, é o que explica a situación que está a acontecer na costa galega có referente ao urbanismo. Cita a aprobación da Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio, que prohíbe edificar a menos de 500 metros do litoral aos municipios ata que non adapten os seus plans xerais á Lei do Solo de 2002 ou ao futuro Plan de Ordenación do Litoral, dita lei foi aprobada, aínda que acadou un voto en contra por parte do PP.
Esta lei únicamente foi acatada por 11 municipios dun total de 315.
Están en máxima alerta: A Costa da Morte e a Mariña Lucense, destacando Malpica (A Coruña) e Barreiros (Lugo).
No xornal "de luns a venres": Apórtanse todos os datos anteriormente citados e inclúe outros datos relevantes non tocados no xornal anteriormente analizado.
Cando se aprobou a Lei do Solo en 2002, daban dous anos para que os Concellos adaptasen os seus Plans Xerais, cousa que a maioría non fixo 5 anos despois. En opinión do representante do COAG, parte do atraso na aprobación destes plans débese á falta de técnicos nos Concellos.
Unsain, defendeu as súas críticas á "construcción masiva" con datos do informe Corine Land Cover, dirixido pola Axencia Europea de Medioambiente
Como se pode comprobar, é o xornal "de luns a venres" o que aporta un maior número de información sobre a problemática que está a acontecer nas nosas costas; tal vez isto suceda debido a que se trata dun xornal galego, mentras que "20 minutos" é un xornal nacional, que aporta publicacións autonómicas.
O seguimento desta noticia levámolo a cabo durante un período de 15 días, dos cales só apareceu en 3 ocasións, destacando en todas elas a mesma información e un tratamento similar.



